GRATUITO |
Proxecto E4SPORT 2.0 de emprendemento en xestión deportiva dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos |
9/11/2016 |
A continuación, descríbese a información relativa ao proxecto E4SPORT 2.0, pioneiro en emprendemento en xestión deportiva, cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea e polo Instituto Nacional de Mocidade (INJUVE). De carácter gratuíto, o prazo de preinscrición finaliza o 18 de novembro. O programa está dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos, con calquera tipo de formación previa. O obxectivo principal do mesmo é dotar aos participantes das ferramentas necesarias para crear un proxecto de negocio na área deportiva. Ademais, utilízase como unha vía para compartir as boas prácticas que foron o resultado do E4SPORT 1.0. O programa estrutúrase en 7 talleres de formación (1 ao mes, entre novembro 2016 e maio 2017) e unha semana de intercambio (entre xuño e xullo de 2017). Nos talleres predominará a educación non formal, clave nos programas Erasmus+, e a metodoloxía e4sport, validada na edición anterior. O E4SPORT 2.0 conta con 20 prazas dispoñibles en cada sede (Oleiros, Xixón, Valladolid e Badaxoz) para os talleres de formación. Desas 20 persoas, seleccionaranse 8 para participar na semana de intercambio, que terá lugar en Galicia. Nesta semana, celebrarase un Financial Pitch no que os participantes poderán expoñer os seus proxectos ante un grupo de posibles investidores. A continuación, expóñense os datos do programa de maneira detallada:
Para máis información: |