CETRARÍA EN ORDES |
Paz Millán e Guizán Trastoy en Baixo Voo e López Penas en Sky Trial foron os Campións Galegos |
4/11/2016 |
XV Campionato Galego de Cetrería e VIII Copa Pequenas Aves O pasado 28, 29 e 30 de outubro disputouse o XV Campionato Galego de Cetrería no concello coruñés de Ordes. Un campionato organizado pola Federación Galega de Caza e a Asociación Galega de Cetrería, contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia e o concello de Ordes. Sky Trial Na modalidade de Sky Trial renovaba o título de Campión Galego Oscar López Penas, o subcampionato recaía en Francisco González García e o terceiro posto do podio era novamente para Oscar López Penas. Baixo Voo Na modalidade de Baixo Voo a participación foi moito máis alta. Na categoría de Azores o Campión Galego era Antonio Paz Millán. Pedro Antonio Sanjuan Martínez facíase co segundo e terceiro posto da clasificación xeral. En Harris o campión era José Guizán Trastoy seguido en segunda posición por Ignacio Orge García. O terceiro posto era para o cetreiro José Gregores Álavarez. VIII Copa Pequenas Aves Na categoría de Pequenas Aves resultaba gañador Evaristo González Rodiño. O segundo clasificado era Víctor Manuel Pérez Rodríguez e xa en terceira posición finalizaba Rafael Regos Martínez. Despedida Foron tres días de alta competición cetreira e na que se impartiron coñecementos relativos ao mundo da cetrería para todos aqueles cetreiros e non cetreiros chegados dende diferentes puntos da xeografía galega e fora de ela. Exposicións de aves rapaces, telemetría, etc fixo que Ordes fora o epicentro da cetrería durante a pasada fin de semana. A entrega de premios e a pequena homenaxe a Dolores Abella polo seu traballo ao fronte da Asociación Galega de Cetrería puxo o punto e final a este Campionato Galego na que estiveron presentes diferentes autoridades entre as que se atopaba o presidente da FGC Javier Nogueira e a Directora Xeral da Natureza Ana María Díaz. |