CAZA PRÁCTICA
“Jumper de Bosende” do galego Andrés Pena, campión da proba do Campionato de España
5/9/2016

A pasada fin de semana, 3 e 4 de setembro, disputouse o XXV Campionato de España de Cans de Mostra na localidade toledana de Camarena.

Ata terras de Castela a Mancha desprazouse a selección galega cos seus respectivos cans e deixando o pavillón galego extraordinariamente representado. Mostra de elo foi a participación, por libre, do galego Andrés Pena co seu setter inglés de nome “Jumper de Bosende” que despois da súa brillante participación na que obtivo a máxima puntuación 1ºExc C.A.C.T. e C.A.C.I.T, proclamouse campión en británicos da proba nesta vixésimo quinta edición do Campionato de España de Cans de Parada.