ÓBITO |
Tristeza no colectivo cinexético polo falecemento de Marcial Ramil |
03/08/2016 |
A Federación Galega de Caza lamenta profundamente comunicar a triste noticia do falecemento do noso compañeiro, xuíz, e directivo da FGC Coruña, Marcial Ramil Hermida, ao tempo que se une á dor da súa familia e amigos nestes duros momentos. A capela ardente instalarase nas próximas horas no Tanatorio San Lorenzo, sito na carretera de Catabois s/n en Ferrol, (A carón do Hospital Naval). O enterro terá lugar mañán xoves día 4 de agosto ás 19:00 h, na igrexa de O Val, no concello de Narón, a saída está programada para as 18:45 h. Tlfno. 981 330 950. |