TROFEO RAMÓN BERTOA |
Os campións no Trofeo Homenaxe Ramón Bertoa foron Salvador Sestelo, Ramón Picallo e Alfonso Rey |
01/08/2016 |
O pasado 30 de xullo tivo lugar no Tecor coruñés de San Roque de Zas un Trofeo Homenaxe ao incombustible cazador e xuíz Ramón Bertoa nas modalidades de Caza San Huberto e Cans de Rastro sobre Xabaril e Coello. Unha emotiva e máis que merecida homenaxe organizada polo Tecor San Roque de Zas en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña San Huberto A alta participación e a neboa que fixo que o inicio sofrese un retraso foron as notas máis destacadas neste Trofeo San Huberto que se adxudicou o cazador Ramón Picallo Piñón co can “Risto” e un total de 64 puntos. Con 51 puntos o segundo posto era para Antonio Fraga Temprano con “Lía”. René Vale García subía ao terceiro posto da clasificaciónn con “Suaiper” e 49 puntos. Rastro de Coello Ata 24 lotes de cans se sumaron a este Trofeo no que a abundancia de coellos en boa parte dos campos de competición fixeron o disfrute e deleite de participantes e público. O lote propiedade de Alfonso Rey Baulde foi o primeiro clasificado con 555 puntos. O subcampionato recaeu en Juan José Formoso Raposo con 530 puntos e xa con 510 puntos o bronce foi para Manuel Méndez Campos.
Rastro de Xabaril A igualdade e nivel de presentación que realizaron os monteiros e cans dos primeiros postos puxo difícil o traballo do equipo de xuíces neste I Trofeo Homenaxe a Ramón Bertoa. O monteiro pontevedrés, Salvador Sestelo con “Vikingo”, convertíase no campión da proba con 227,5 puntos. A 2,5 puntos situábase o segundo clasificado José Luis Iglesias Neira con “Cañón”. E xa o tamén pontevedrés Álvaro Fontenla acadaba o terceiro posto con “Muchacha” e 220 puntos. Preto de 200 persoas achegáronse nesta xornada de homenaxe a Ramón Bertoa, e foron moitos que por un motivo ou outro non poideron asistir pero si lle transmitiron e felicitaron polo seu traballo en prol da caza, da FGC e dos cans de caza. Unha merecida homenaxe a un dos xuíces galegos cun curriculúm cinexético-deportivo máis destacado. Dende as verbas de Javier Nogueira, presidente da FGC, pasando por antigos e actuais presidentes e directivos da FGC provincial, o presidente da FGC de Pontevedra, do Concello e Tecor de Zas, familiares e amigos quixeron dar unha pequena mostra de orgullo e aprecio a este gran cazador, xuíz e apaixoado dos cans… unha vez máis… gracias por todo Bertoa. |