EN ARCHIDONA, MÁLAGA |
Dez días para celebrar a "I Convivencia Interautonómica de Jóvenes Cazadores" |
20/7/2016 |
Pouco máis dunha semana para que o maior movemento cinexético xuvenil de España se de cita na localidade malagueña de Archidona. O Hotel Rural Carlos Astorga (hotel FAC) acollerá o acontecemento para despedir o mes de Xullo cunhas xornadas repletas de actividades, onde caza e mocidade atoparanse para formar alianzas, proxectos de futuro e gozar dun intenso fin de semana. As asociacións xuvenís JOCAN (Andalucía), JOCAEX (Estremadura) e XUVENTUDES POLA CAZA (Galicia) foron as encargadas de organizar o evento para reunir os seus respectivos asociados xunto con numerosos cazadores novos doutras comunidades. A primeira convivencia preséntase como un desborde de ilusión cinexética: charlas, percorridos de caza, concerto, exhibicións, piscina, tiro ao prato, agasallos, sorteos... Son unha pequena parte do que será este encontro, onde se inclúe o aloxamento con pensión completa por só 50€. Están dispoñibles as últimas prazas para pasar unha xornada cinexética das que perduran no tempo. Máis información e contacto:
|