CANS DE PARADA |
Frouma do Fontelo, de Iván López, gañadora en Riveira |
20/7/2016 |
Proba puntuable para a Copa Galicia de Cans de Parada
O pasado 16 de xullo disputouse no concello coruñés de Riveira unha proba de Cans de Parada puntuable para a Copa Galicia contando coa organización da Sociedade de Caza e Pesca Barbanza e coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña. Unha proba que transcorreu sen imprevistos e na que, en Británicos, a cadela de nome “Frouma do Fontelo” propiedade de Iván López acadou o primeiro posto cunha cualificación de 1ºEXC. O segundo posto foi para o pointer macho de nome “Chico de Torres a Varela” propiedade de Carlos Lalín cunha cualificación de 2º MB. José María Carnota remataba en terceira posición con “Halcón de Reinadama” cun 3º MB. En razas Continentais non houbo clasificados. |