SAN HUBERTO CORUÑA
René Vale, Juan José Canosa e Sandra Rodríguez, campións en O Pino
19/7/2016

Campionato Provincial de A Coruña de Caza San Huberto

Chegaba unha edición máis da fase provincial de A Coruña da disciplina de Caza San Huberto na que participaron un total de 24 cazadores cos seus respectivos cans.

A Federación Galega de Caza de A Coruña, e sempre coa colaboración da sociedade de caza correspondente, desprazouse nesta ocasión ao concello de O Pino para que os terreos deste Tecor fose o escenario da fase provincial de Caza San Huberto.

O cazador René Vale García facíase con este provincial de Caza San Huberto ao completar un percorrido, co seu setter inglés de nome “Suaiper de Piago”, que lle reportou unha puntuación de 78 puntos. Con 55 puntos, seguía a René o participante Edelmiro Leira Pérez, co tamén setter inglés “Verdi de Cumbraos”. Remataba en terceira posición Juan José Canosa Vigo co pointer macho “Zar da Chousa” con 32 puntos.

Na disciplina de Springer o campión era Juan José Canosa Vigo con “Thor de Forvelaz” e 75 puntos. Con 67 puntos o subcampionato era para José Sanmartín Pérez “Futre de Forvelaz”. E xa con terceira posición remataba Eloy Rodríguez Martínez con “Uncle-sam de los Tres Robles” e 28 puntos.

En Damas a campioa era Sandra Rodríguez Rego co setter inglés “Don das Fontiñas” e 39 puntos.