AXUDAS DANOS |
Medio Ambiente publica a orde de axudas para paliar os danos producidos polo xabaril |
15/7/2016 |
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, publica hoxe no DOG a ORDE do 4 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2016. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas afectadas polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril, coa finalidade de compensar estes danos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2016. |