SAN HUBERTO PONTEVEDRA
Álvaro Otero, con “Gio de Serra Sueve”, revalida o título
12/7/2016

Na xornada do pasado sábado de onte día 9 de xullo disputouse no Tecor da Sociedade de Caza A Tomiñesa o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza San Huberto organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración de dita Sociedade de Cazadores.

A proba foi dirixida por Moises Balboa e xulgada por Santiago Saavedra, os cales xunto co presidente provincial da FGC, Paco Couselo, destacaron o bo facer e deportividade dos participantes. 

O cazador Álvaro Otero Aradas foi o campión co seu setter inglés macho “Gio de Serra de Sueve”. No segundo posto quedou José Ramón Zamora Lorenzo co pointer macho “Kurko de Paradela”. O bronce foi para Juan M. Lorenzo Pazo co seu setter inglés macho de nome “Dor”. Destacar a actuación da cazadora Eva Blanco Rodríguez co setter inglés “Davo de Souto Verde” rematando ás portas do podio.  

Na categoría de Spaniel Springer o campión era Saturnino Pereira Vidal con “Andrómeda Estrellas de Tebra”.

Un xantar de irmandade puxo o punto final a este campionato provincial no que o presidente da FGC de Pontevedra, Francisco Couselo, interveu na entrega de premios os primeiros clasificados.

Lembrar que a selección provincial de Pontevedra que acudirá ao Campionato Galego da especialidade quedou composta por Álvaro Otero Aradas, Jose R. Zamara Lorenzo, Juan M. Lorenzo Pazo, Carlos A. González Casás e Ramón J. Carnereo González. En damas Eva Blanco Rodríguez e en Springer Saturnino Pereira Vidal.