![]() |
GALEGO RRCC |
Iglesias Otero volve ao máis alto do podio |
27/6/2016 |
Na xornada do pasado sábado día 26 de xuño disputábase a xa vixésimo novena edición do Campionato Autonómico de Percorridos de Caza que era acollido nas instalacións da Sociedade Deportiva Río Sar.
Unha vez rematada a proba os resultados da clasificación arroxaron un total de 130 pratos escachados a cargo do tirador coruñés Antonio Iglesias Otero o cal volvía ao máis alto da clasificación e se convertía, unha vez mais, no novo campión galego da especialidade. O tirador pontevedrés, Manuel Blanco Puertas, acadaba o subcampionato a tan so 1 plato de Iglesias. Completaba o podio o tamén pontevedrés Martín Baqueiro Villafines con 128 pratos logrando a medalla de bronce. En Veteranos impoñíase Ángel Ramón Vidal Quintela con 110 pratos por diante de Juan Antonio Sánchez Mancebo e Elisardo Cea Cebreiro, ámbolos dous con 105 pratos.
En Xuveniles o campión era Antón Moure Segade con 94 pratos e en Handisport Artemio Formoso Barro era o campión cun total de 119 pratos escachados. En Superveteranos Ángel Mosquera Rodríguez era o que accedía ao primeiro posto con 101 pratos e o título de Donas era para Mercedes Saavedra Suárez. Na clasificación por Equipos os gañadores eran Manuel Blanco Puertas, Martín Baqueiro Villafines e Vicente Insua López con 370 pratos por díante de Ángel Mosquera Cornide, Juan Carou Rey e Santiago García Bello con 362 puntos. A medalla de bronce era para o equipo composto por José M. Dasilva Fernández, Artemio Formoso Barro e Daniel Núñez Español que remataban con 351 pratos. |