CAZADORES EN SILLEDA
A FGC, satisfeita pola súa presenza en FECAP
14/6/2016

Unha vez rematada e analizada a presenza da Federación Galega de Caza na Feira de Caza, Pesca e Natureza da Semana Verde de Silleda que se celebrou entre os pasados días 9 e 12 de xuño, a FGC manifesta a súa satisfacción pola destacada presenza que tivo en FECAP a través das numerosas actividades organizadas así como os milleiros de cazadores que tiveron a ben achegarse ao stand da FGC.

Entre as actividades programadas pola FGC os visitantes a FECAP gozaron ao aire libre de competicións de Agility, feira de cans e exhibicións de tiro con arco así como a súa práctica, do tiro con aire comprimido a través do Field Target e de caza San Huberto e Caza Práctica

Namentres dentro do pavillón 4 o stand da FGC recibía milleiros de visitas de cazadores e non cazadores, sendo de gran atractivo o biotopo de coellos instalado para a ocasión. Mostra da gran afluencia que tivo dito stand quedou reflectido nos numerosos sorteos que a FGC realizou, superando o milleiro de participantes. 

A formación tamén tivo a súa cabida dentro do programa de actividades da FGC, facendo fincapé na numerosa presenza de nenos que recibiron información sobre a actividade cinexética participando no tiro con arco, solta de coellos no biotopo e solta de paspallás. 

A FGC pecha o telón da FECAP 2016 satisfeita polo papel realizado así como da  acollida recibida nesta edición quedando todo emprazado para o vindeiro ano nesta Feira de Caza e Pesca e Natureza que edición a edición se vai consolidando como unha cita ineludible, e como unha imaxe vale máis que mil palabras acompañamos con esta nota de prensa un bo número de instantáneas que reflicten o acontecido en FECAP 2016.