RRCC CORUÑA
Daniel Cebreiro campión provincial e Roberto Rodríguez gañador da proba
14/6/2016

Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza

O pasado 12 de xuño tivo lugar no campo de tiro Río Sar, a fase provincial de A Coruña do Campionato de Percorridos de Caza organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade Deportiva Río Sar.

A proba disputouse a 100 pratos con traxectorias de diferente índole os cales se tiveron que enfrontar un total de 57 tiradores.

Rematada a proba, chegou o momento de coñecer a clasificación final absoluta, resultando campión da proba o pontevedrés Roberto Rodríguez Fernández con 83 pratos. A segunda posición era para José González Yáñez namentras que o tamén pontevedrés Jose Antonio Vasconellos Vicente facíase coa medalla de bronces con 82 pratos, os mesmos que o segundo clasificado. O cuarto clasificado e Campión Provincial era o tirador Daniel Cebreiro García cun total de 81 pratos escachados.

Na categoría de veteranos o tirador mellor clasificado foi Ángel Ramón Vidal Quintela con 81 pratos esnaquizados, destacando a enorme competitividade que houbo nesta categoría producíndose un desempate con 9 tiradores. Xa en superveteranos o primeiro posto foi para Ángel Mosquera Rodríguez con 74 pratos escachados. E o xoven tirador Tomás Beiras Rivas era o campión en xuvenís con 52 pratos.