PAU XUDICIAL Á RFEC |
A sentenza da Audiencia de Albacete confirma a tese sostida pola FGC |
13/6/2016 |
A Audiencia Provincial de Albacete ven de desestima-lo recurso formulado pola RFEC contra a Sentencia do Xulgado de Instancia que rexeitou a demanda pola que a federación nacional reclamaba á Federación Autonómica de Castela-A Mancha as cotas das licenzas federativas autonómicas do ano 2013. A Sentenza de Apelación resolve que a a federación autonómica, polo mero feito de estar integrada na estatal, non ten a obrigación de paga-la cota da RFEC ao non existir norma xurídica, nin convenio ou contrato entre as partes que así o estableza. A sentenza de AP de Albacete que confirma a tese sostida en todo momento pola Federación Galega de Caza, é radicalmente contraria á da Audiencia Provincial da Coruña que condenaba á FGC a pagar á Española a cota das licenzas federativas autonómicas do 2013, apoiándose en que a FGC ao estar integrada na nacional debía contribuír aos sostemento da súa estrutura. A FGC, entendendo que a Sentencia da Sección Sexta da AP de A Coruña carecía de toda fundamentación xurídica, interpuxo, no seu momento, ante o Tribunal Supremo sendos Recursos Extraordinarios por Infracción Procesal e Casación que foron remitidos pola Audiencia Provincial de A Coruña ao Alto Tribunal. |