COPA GALICIA RASTRO COELLO |
VI Campionato de Rastro de Coello Can de Ouro Costa da Morte |
8/6/2016 |
O pasado sábado 5 de xuño o Clube “Amigos dos Cans de Caza” en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña, celebrou no Tecor Sancan do concello de A Baña, o VI Campionato “Can de Ouro” Costa da Morte, na modalidade de Cans de Rastro sobre coello. A competición iniciouse ás 7 da maña do día 5 coa concentración dos participantes na modalidade de rastro sobre coello. Competiron máis de unha decena de lotes e as condicións climatolóxicas foron ideais para a disputa desta disciplina deportiva. O primeiro posto foi para José Antonio Fernández Alba, co seu lote composto por: “Sila, Lima, Lasi e Mona”con 618 puntos. O segundo clasificado, foi o concursante Joja Suárez Rama, cos beagles “Bill, Lora, Baldonia e Sarela”, cun total de 547 puntos. O bronce foi a recaer en Jaime López Castro, co seu lote “Pitín, Tima, Jara e Alfa” e unha puntuación de 536 puntos. O galardón, para o mellor can de rastro sobre coello do campionato foi para “Sila” propiedade de José Antonio Fernández Alva con 167 puntos. |