XX FESTA DA CAZA DE LUGO |
Portomarín acolleu a vixésima Festa dos cazadores lucenses |
30/5/2016 |
José Manuel Fernández en Rastro de Xabaril, Eduardo Blanco en San Huberto, Artemio Formoso en Compak e Percorridos e Javier Álvarez e Vicente Cortes en Caza Práctica; foron os Campións das Probas e Campións Provinciais desta vixésima edición da Festa da Caza de Lugo organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo. A Festa, cargada de eventos cinexéticos, comezaba na xornada do sábado 28 de maio coa celebración da competición de Compak Sporting para rematar o domingo 29 coa desputa das disciplinas de Rastro de Xabaril, Cans de Parada, Percorridos de Caza e caza San Huberto; todo elo nos montes do Cristo e do Castelo situados no concello lucense de Portomarín. A diferencia do ocorrido en edicións anteriores, o mal tempo quixo estar presente nesta XX edición facendo máis complexa ainda a organización desta Festa da Caza que apesar de iso foi un exito de participación e de público asistente. No Campionato Provincial de Compak Sporting celebrado no campo de tiro eventual da Sociedade de Cazadores de San Nicolás, disputado a 50 pratos os preto de 20 tiradores participantes tentaron facer o maior número de pratos escachados. Foi o tirador lucense, Artemio Formoso Barro, o que con 44 pratos derribados acadou o primeiro posto da Clasificación Xeral e se convertía no Campión Provincial. O segundo posto era para o tirador de Pontevedra, José Antonio Vasconcellos Vicente con tamén 44 pratos. Con tamén 44 pratos remataba na terceira posición desta edición número vinte Constantino Vilar Rodríguez. En Handisport o primeiro posto era para Artemio Formoso. En Xuveniles impoñíase o tirador Antón Moure Segade namentras que en Donas o primeiro posto era para Mª Mercedes Saavedra. Eliseo Faraldo en Veteranos completaba o grupo de campións desta modalidade. A Selección Provincial quedaba composta por: Artemio Formoso, Constantino Vilar, Vicente Insua, Juan Carlos Bande, Mario González, Jorge Vázquez, Manuel Villar, Antón Moure, José González e Mª Mercedes Saavedra. O Campionato Provincial de Percorridos de Caza celebrouse nos terreos da Sociedade de Cazadores de San Nicolás, disputado a un total de 100 pratos con moi diversos postos de tiro e traxectorias. Foi o tirador Artemio Formoso Barro o que tamén se impoñía nesta disciplina con 88 pratos facéndose co primeiro posto da Clasificación Xeral e Campión Provincial. O segundo posto era para o tirador Felipe Lago Oliveira de pontevedra con 83 pratos, José Ramón Conde Mouriño con 81 obtiña a medalla de bronce. En Handisport o primeiro posto era para Artemio Formoso. En Superveteranos impoñíase o tirador Nicolás Rivas García. José González Yáñez en Veteranos, Alejandro Fernández Seco en Xuvenís e María Mercedes Saavedra en Damas completaba o grupo de campións desta modalidade. O XXV Trofeo Cidade de Lugo de Caza Práctica desenrolouse no Monte Castelo da parroquia de Vilaxuste en Portomarín, Na modalidade de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril, disputábase unha edición máis do Campionato Provincial puntuable para a Copa Galicia e á que acudían máis de 40 cans. Na fase final impoñíase o monteiro pontevedrés Salvador Sestelo Núñez con “Vikingo” con 225,5 puntos. Na segunda posición remataba o lucense José Manuel Fernández Fernández con “Pirulo” converténdose deste xeito no novo Campión Provincial da especialidade con 201 puntos . Xa na terceira posición situábase Francisco Rodeiro Eiras con “Rato” e 199,50 puntos. A selección provincial que representará a Lugo no vindeiro campionato galego estará formada por: José Manuel Fernández, Martín Martínez, Xosé Otero, Luis Otero, Mikel Otero, Jorge Cid, Juan Fernández, Santiago Varela e José Quintela. Na XX edición do Campionato Provincial de Caza San Huberto foi o cazador Eduardo Blanco Mejuto co setter inglés “Olfo da Seara” o que gañaba o título de Campión Provincial, o campión da proba era Juan Carlos Arteche Castillo co setter “Tila de Vilar de Donas” namentras que Marcos Estevez Rivas era o terceiro clasificado co tamén setter inglés “Tuto de Bezana” . Os cazadores Eduardo Blanco, Antonio Costa, José Ignacio, José María Carnota e Andrés Pena conforman a selección lucense que representará a Lugo no vindeiro campionato autonómico da especialidade. Unha vez rematadas tódalas competicións, participantes, organización, público e autoridades gozaron dun xantar de irmandade na que se deron cita preto de 300 comensais. |