RASTRO XABARIL
O campionato provincial de Pontevedra foi para Sestelo Núñez
24/5/2016

XIV Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril

O pasado 21 de maio, na Estrada, tivo lugar o Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra coa colaboración da Sociedade de Caza do Tecor Río Ulla.

Ata un total de 26 monteiros e 34 cans déronse cita neste campionato provincial que estivo xulgado polos xuíces Francisco José Montoiro e Ramón Collazo.

Disputada a fase clasificatoria e final, o primeiro posto da proba e campión provincial foi para o monteiro Salvador Sestelo Núñez con “Pumuki” e 222 puntos. Jesús Ares Lorenzo con “Ole” obtivo o segundo posto cunha puntuación de 206,5 puntos. O pontevedrés Álvaro Fontenla Filgueira co grifón azul de nome “Piñón” foi o terceiro clasificado cun total de 202,5 puntos.