COMPAK PONTEVEDRA
Martín Baqueiro campión provincial de Pontevedra
16/5/2016

XVII Campionato Provincial de Pontevedra de Compak Sporting

O pasado domingo 15 de maio disputouse no Club de Tiro Río Lérez en Andrés de Xeve o Campionato Provincial de Pontevedra de Compak Sporting organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración do Club de Tiro Eido Dalbo. 

No campo de Tiro Eido Dalbo déronse cita un total de 42 tiradores que se disputaron este provincial a 100 pratos ao longo da xornada dominical.

Na categoría xeral absoluta o gañador era Martín Baqueiro Villafines con 89 pratos derribados. Situábase en segunda posición o coruñés Antonio Iglesias Otero con 78 pratos e superando ao tamén tirador chegado de A Coruña Daniel García Cebreiro que completaba o podio en terceira posición con tamén 78. 

Na categoría de veteranos o campión foi Jaime Vilas Pereira con 73 pratos escachados. Juan Garrido Amoedo foi o tirador segundo clasificado con 65 pratos. Con 58 pratos, en terceira posición remataba Alfonso Costas Castro.

En superveteranos o gañador era José María González Rodríguez con 50 pratos escachados.