NOTA ACLARATORIA
A FGC apoia todas as manifestacións en defensa da caza, a pesca e a conservación da natureza
13/5/2016

Ante a confusión que está a causar entre o colectivo de cazadores galegos a organización de diversas manifestacións nacionais en defensa da caza –entroutras actividades relacionadas- e a postura da Federación Galega de Caza ao respecto, a FGC desexa realizar as seguintes aclaracións:

  • A Federación Galega de Caza adheriuse á Plataforma en Defensa del Mundo Rural y la Naturaleza, creada o pasado 5 de maio en Madrid nunha xuntanza na que participaron máis de cincuenta representantes das diversas entidades relacionadas coa caza e a pesca.
  • Esta plataforma ten por obxectivo realizar estratexias –entre elas manifestacións- para defender a caza, a pesca, a tauromaquia e, en xeral, todo o relacionado co campo e a conservación da natureza.
  • Paralela e independentemente á creación desta plataforma organizábase para o 5 de xuño en Madrid unha manifestación en defensa da pesca á que a Federación Galega de Caza, a través da Oficina Nacional de la Caza (ONC) da que forma parte, se adhería institucionalmente.
  • A Plataforma en Defensa del Mundo Rural y la Naturaleza tomou como primeira iniciativa apoiar esta manifestación en defensa da pesca, convidando aos cazadores a que apoien esta actividade tan intimamente irmandada coa caza.
  • Estes dous movementos causan confusión entre o colectivo de cazadores, e levan a pensar que a manifestación do 5 de xuño se trata dunha manifestación en defensa da caza.