COORDINARASE DENDE A ONC
A FGC súmase á Plataforma en Defensa do Mundo Rural e a Natureza
9/5/2016

APAVAL e as Federacións de Caza de Castela-A Mancha, Aragón e Galicia quixéronse sumar á Plataforma en Defensa do Mundo Rural e a Natureza, onde constarán como entidades fundadoras. E é que aínda que non asistiron á reunión constitutiva da devandita Plataforma, estiveron representadas na mesma a través da Oficina Nacional da Caza, a Conservación e o Desenvolvemento Rural (ONC), na que están integradas.

E é que, como se avanzou onte, trátase dunha iniciativa aberta a todos os sectores, asociacións e persoas xurídicas do mundo rural destinada a defender as tradicións e a conservación tanto ante as Administracións como ante a sociedade en xeral. Todas as entidades vinculadas ao mundo rural están convidadas a sumarse á Plataforma que, en principio, podería coordinarse desde a Oficina Nacional de la Caza (ONC), ata a constitución formal do Comité Organizador, que se concretará nas próximas semanas.