RRCC PONTEVEDRA |
Roberto Rodríguez, campión provincial en Tomiño |
26/4/2016 |
XXX Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza O pasado 24 de abril tiña lugar en Tomiño a edición número trinta do Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza. Todo elo baixo a organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración do campo de tiro “As Fronteiriñas” da localidade de Figueiró (Tomiño).Cunha extraordinaria deportividade un total de 58 tiradores acudían a este campionato no que estaba en xogo o título provincial e a clasificación para o autonómico da especialidade. Foi o tirador Roberto Rodríguez Fernández o que acadaba o título de campión provincial ao obter un total de 74 pratos escachados e subindo ao máis alto do podio. Con 72 pratos remataban Martín Baqueiro Villafines e José Antonio Vasconcellos Vicente, que despois dun desempate, daba como subcampión a Baqueiro Villafines. En veteranos o campión era Jaime Vilas Pereira con 58 pratos derribados, e o xoven tirador Antón Moure Segade facía o respectivo na categoría de xuveniles con 55 pratos escachados. Ángel Vidal Conde era o campión en superveteranos con 43 pratos.
|