PAXARILES |
Un total de 123 paxaros participaron na fase provincial de Pontevedra |
26/4/2016 |
O pasado 24 de abril, disputouse no concello pontevedrés de O Grove a fase provincial de paxaros cantores organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade Ornitolóxica de O Grove. Esta décima edición do Campionato Provincial destacou pola alta participación, congregándose ata un total de 123 paxaros repartidos nas seguintes modalidades: 29 liñaceiros, 59 xílgaros, 14 verderolos, 5 mixto de liñaceiro, 13 mixto de xílgaro e 3 mixto de verderolo. Actuaron como xuíces Manuel Ángel Chao Porto, Iván Fajardo, Jesús Ángel Fajardo e sendo o Director da Proba Rafael Prol Caneda. Unha vez rematadas as quendas de participación, a clasificación final resultou do seguinte xeito: Na categoría de Liñaceiro, o gañador foi Diego Novas Martínez con 9 puntos. Seguido de José Costas Rodríguez con 9 puntos e José Antonio Álvarez Padín con 5 puntos pero xa en terceira posición. En Xílgaro, o primeiro posto foi para Germán Alcalde Cebreiro con 46 puntos. O segundo posto recaeu en Javier Gallego Nogueira con 37 puntos. O terceiro posto ocupouno Rodríguez Álvarez con 15 puntos. Na categoría de Verderolo o gañador foi Francisco Otero Grandal con 18 puntos. Pablo Corrales González con 15 e 13 puntos obtiña o segundo e terceiro posto. En Mixto de xílgaro os tres primeiros postos foron acadados por Felix Romay Pérez con 80, 67 e 60 puntos. En Mixto de verderolo o gañador foi Francisco Otero Grandal con 7 puntos. E o segundo posto era para Manuel Otero Martínez con 1 punto. Na modalidade de Mixto de liñaceiro o gañador foi José Manuel Rodríguez Costas cun total de 14 puntos, que tamén repetía en segunda e terceira posición con 12 e 3 puntos respectivamente. |