EN BALEIRA (LUGO)
A cuadrilla lucense "Aparta que ahí vamos" gañou a a III SuperCopa Galega de Caza de Raposo
1/2/2016

Participaron 220 cazadores, levantáronse 27 raposos e sumáronse 14 capturas 

Cuadrilla "Aparta que ahí vamos", Campións

Os cinexéticos galegos citáronse coa historia raposeira en O Cádavo (Lugo), onde o equipo “Aparta que ahí vamos”,  comandado por José A. Gutiérrez Falcón, fíxose co título de campión da III Supercopa Galega de Caza do Raposo un torneo auspiciado e promovido pola Federación Galega de Caza e disputado o día 31 de xaneiro nas 25.000 Has. cedidas xentilmente polos Tecores lucenses Santa Eulalia de Quintá, Neira de Rei e Baleira, nun día na que a néboa e a choiva restaron comodidade ao persoal e vistosidade ao exercicio.

A capital municipal de Baleira foi o punto central do acontecemento que xuntou a 220 participantes (22 cuadrillas) de todo Galicia e que discorreu entre as 9 da maña e a unha e media do serán. Tempo no que se levantaron 27 raposos e se capturaron 14 exemplares, dous dos cales (ambos machos) anotounos a cuadrilla lucense de A Terra Chá, “Aparta que ahí vamos”,  que foi a que subiu ao máis alto do podio. Un equipo, por certo, que xa conseguira sendas medallas de bronce no “provincial” e no “autonómico” da especialidade. Seguidamente, coas mesmas pezas e puntos, aínda que con unha femia e un macho (os machos deciden no caso de empate), ascendeu ao segundo caixón dos mellores o equipo coruñés de Bergantiños, “Doble cero”. Mentres o escalón máis baixo do pedestal adxudicouse a cuadrilla tamén coruñesa, “Rebellón” de Boimorto, a que capturou un raposo. O mesmo que fixeron o cuarto e o quinto equipo clasificado, ambos tamén da provincia coruñesa, “Os Cazafellos”, de Porto do Son e  “O embudo”, de A Magdalena, respectivamente. Seguidamente clasificaríanse 8 cuadrillas máis.

Cuadrilla "Doble Cero", Subcampións

Ao termino da competición tivo lugar no Polideportivo de Baleira a xa tradicional comida de irmandade á que asistiron máis de 300 persoas e cunha Mesa Presidencial ocupada por diversas autoridades locais, provinciais e autonómicas, entre as que cabe citar a Javier Nogueira Diz, Presidente da Federación Galega de Caza; a Ana Mª Díaz López, Directora Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia; a Ángel Enrique Martínez-Puga, Alcalde de Baleira; a Ramón Carballo Páez, Subdelegado do Goberno na provincia lucense; a Lino Rodríguez Ónega, Deputado do Medio Rural, Mar e Medio Ambiente da Deputación de Lugo; a María Eugenia Gasalla Valle, Xefa do Servizo de Conservación da Natureza en Lugo, e aos presidentes provinciais da Federación Galega de Caza en Lugo e Pontevedra, López Penela e Couselo Castiñeiras. Ocupando tamén lugar destacado atopábase o Secretario Xeral da Federación Galega de Caza, Ramón Rodríguez Cobas; os mandamáis e directivos das sociedades anfitrioas e o Director do torneo, José Mª Álvarez Villar. Autoridades algunhas das cales dirixíronse aos comensais, coincidindo todas elas no apoio que están dispostas a prestar á caza e a Federación, y ata a Directora Xeral de Conservación de Conservación da Natureza, Ana Mª Díaz, que foi moi aplaudida en todo o acto, iría máis alá anunciando buscar o “consenso entre cazadores y Administración”  no tocante á elaboración do novo Regulamento de Caza, brindándose a súa vez a colaborar coa Federación “en todo aquilo que redunde no beneficio do colectivo”. 

Cuadrilla "Rebellón", Terceiros

Ao final do condumio os equipos gañadores recibiron a súas acreditacións e premios, correspondentes, mentres organizadores, invitados e competidores seguían a través de un ambiente distendido, de camaradería ata, seríamos inxustos si non o dicimos, de “festa rachada”, comentando como discorrera a xornada venatoria entre fragas, bonitos paisaxes e vistas espectaculares, a pesar de que a adversa climatoloxía non deixou gozar a persoal nin da caza en todo a súa plenitude, nin de toda a beleza natural que atesoura esta bonita vila lucense.  

Os actos concluíron pasadas as cinco do serán e, loxicamente, os gañadores fóronse as súas casas pletóricos de ledicia e satisfacción. Mentres a xente coa que puidemos conversar mostrouse satisfeita do desenrolo do torneo, apesares do mal tempo, da boa organización sendo moitos os cazadores que felicitaron aos membros federativos polo seu saber e bo facer.