![]() |
ARCEAS PONTEVEDRA |
José Antonio Vasconcellos gaña o Campionato Provincial |
25/1/2016 |
Participaron 28 escopetas e fixéronse cinco capturas O representante da Sociedade “A Rosaleña” de O Rosal, José Antonio Vasconcellos Vicente “Toy”, cunha “chocha” e 500 puntos, subiu o máis alto do podio en A Lama onde o pasado día 23 de xaneiro disputouse o “XXIII Campionato de Caza de Arcea”, un dos exercicios venatorios máis naturais e máis imprevisible de tódolos que se exercen en Galicia.
CLASIFICACIÓN
Todos cazaron con setters e colgaron unha peza cada un, agás do 5º clasificado que se meteu entre os mellores por sorteo. Os cinco defenderán o pavillón pontevedrés na seguinte fase. Trofeos e distincións foron entregadas o remate dun xantar de irmandade no que asistiron: Xavier Nogueira, Presidente da Federación Autonómica de Caza; Pablo Caballero, Xefe da Sección de Caza e Pesca da Xunta en Pontevedra; José Marante, Comandante do Posto da Garda Civil de Ponte Caldelas; José Manuel Carballal, Presidente da Sociedade “Monte Seixido” e, comandando todo o cotarro, o Presidente federativo provincial, Paco Couselo, quen contou coa valiosa colaboración do seu Vicepresidente provincial, Alejandro Lorenzo Carregal. A todo elo engadir, qué o paradisíaco escenario escollido e todo un luxo. Qué a organización merece un “10”. Qué o ambiente estivo fantástico. Que a deportividade foi extraordinaria. E que o caseiro e excepcional cocido servido no Restaurante “Pelete” baixo a dirección de José Fortes e a destreza e saber na cociña de Mª Remedios, Inés, Cristina e Mª Ermitas, estaba impresionante; só podemos falar dunha xornada que merece a pena enmarcala no libro dos mellores lembranzas. En resumo: ¡Fenomenal todo! |