ARCEAS OURENSE |
Jaime Pintos acadou o campionato |
18/1/2016 |
Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas No Tecor ourensán de Baltar disputouse a edición provincial do Campionato de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza de Ourense contando coa colaboración de dita Sociedade de Cazadores. O campionato resultou ser un éxito, tanto polo cambio de data de celebración, como polo Tecor elixido –o mellor da provincia para esta especie-, e mesmo pola climatoloxía que foi perfecta para a caza da arcea. A participación foi a maior dos últimos anos, con 14 cazadores inscritos que puideron gozar dunha excelente xornada de caza de arceas, na que se avistaron más de 10 pezas. Foi Jaime Pintos Davila coa súa cadela “Hydra de Pasarin” o que, con unha arcea abatida, se fixo co título de campión provincial desta edición. O subcampionato recaeu en José Carlos Otero Pérez con “Luna da Lobada” namentres que o terceiro posto era para Jesús Muñoz Martínez con “Mara”. A selección de Ourense que participará no vindeiro autonómico da especialidade será representada polos tres primeiros clasificados mais Roberto Miguelez Sainza con “Luna” e Artemio Formoso Barro con “Tuka”. |