CON DOUS RAPOSOS |
O equipo "Silleda I", novo campión pontevedrés de caza do raposo |
11/1/2016 |
Logo dunhas vésperas e unha noite anterior climatoloxicamente diluvianas que facían presaxiar o peor, o pasado día 9 de xaneiro, organizado pola Federación Galega de Caza de Pontevedra e tendo de punto neurálxico o Pavillón Polideportivo de Ponte Caldelas, disputouse o XXIII Campionato Provincial de Pontevedra de Raposo que tivo de escenario os tecores de Ponte Caldelas, A Lama, Cotobade e Fornelos de Montes. A cita acudiron un total de 290 especialistas nesta modalidade, (había que dicir “valentes” dadas as adversidades climáticas imperantes), que competiron entre ás 9 da mañá e 13,30 da tarde. Catro horas e media de exercicio nas que, a pesar desa climatoloxía negativa, levantáronse 32 raposos e capturáronse 9 individuos (oito femias e un macho). De director da proba actuou Nicolás Castro e a clasificación nos catro primeiros posto quedou deste xeito:
Estes catro serán os que representarán a provincia de Pontevedra no Galego da modalidade. Comentar tamén, que logo de facer o reconto de pezas e un equipo veterinario levar a cabo un exhaustivo exame dos animais abatidos, levouse a cabo o tradicional xantar de confraternidade, asistindo o mesmo os presidentes dos tecores anfitrións, así como varias autoridades locais, provinciais e autonómicas, cos presidentes federativos de Pontevedra, Francisco Couselo Castiñeiras e da Galega, Xavier Nogueira Diz, e mailo Alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, presidindo a mesa. Logo da manduca e antes de procederse a clausura do evento, entregóuselle uns agasallos a tódolos cazadores. Mentres os presidentes da sociedades que cederon os terreos recibían tamén un recordo. Seguidamente procedeuse a entregalos diplomas acreditativos e trofeos correspondentes aos gañadores. Clausurándose a continuación o evento. |