PROBA ABERTA CETRARÍA |
Aves rapaces en Montesalgueiro |
23/11/2015 |
II Proba Aberta de Cetrería de A Coruña O pasado 14 de novembro Aranga acollía unha proba aberta de cetreiros organizada pola Federación Galega de Caza en A Coruña, a Asociación Galega de Cetrería e colaborando o concello de Aranga, a sociedade de caza San Pelaio e a federación veciñal “Fragas do Mandeo”. Na clasificación de Baixo Voo en “azores” o campión foi Víctor Lama González que tamén repetía no segundo posto. En terceira posición remataba Dolores Abella Otero. En Baixo Voo “Harris” o primeiro posto era para Brais Otero Rodríguez. Jesús R. Lama Rodríguez acadaba o subcampionato namentres que José Guizán Trastoy era o terceiro clasificado. En Sky Trial o campión era Juan Ramón Barcala Abanqueiro seguido de Rogelio Domínguez Tubío que remataba en segunda e terceira posición. En Pequenas Aves subía ao máis alto da clasificación Rafael Regos Martínez e David Ainse García era o subcampión. |