CAZA MENOR CON CAN |
Julio González Souto con Farruco, é o novo Campión Galego |
9/11/2015 |
Tal e como estaba pactado, o pasado 7 de novembro disputouse no pontevedrés Municipio de As Neves, no Tecor da Sociedade “Santa Bárbara” (Po-10.047), que conta cunha extensión de 34.379 Has., o título galego de “caza menor con can”. Proba de máis renome de cantas organiza a Federación Galega de Caza. Á cita acudiron os representantes das catro provincias galegas previamente clasificados nas fases previas, mailo campión da pasada edición, o tomiñés, Julio Pereira, que non puido revalidalo título nesta ocasión. A organización correu a cargo da Federación Galega de Caza, colaborando a Provincial de Pontevedra e maila Sociedade anfitrioa de As Neves cedendo o escenario competitivo. A concentración fíxose no Restaurante “Xes” ás 7:30 da mañá, para una vez entregada a documentación aos participantes desprazarse ata o campo de fútbol locatario, onde quedou fixado o punto de control. Pouco despois das 9 da mañá o Director da Proba, Manuel Feijoo, anunciaba o comezo da competición. Exercicio que transcorreu ata ás 2,30 da tarde baixo un calor abafante (22 graos a mediodía) que, sen dúbida, influíu negativamente nos resultados que, por certo, non puideron ser máis cativeiros o so capturarse un raposo e dúas pombas. ¿Causas desta pobreza? Segundo das opinións recollidas, había moito mato, moito toxo, e se ben o monte era coelleiro, os coellos estaban metidos nos buracos ou moi encamados e polo tanto resultaba moi difícil levantalos e máis aínda seguilos cun só can. Referente a perdiz, habelas habías, pero nun monte tan agresivo era difícil dar con elas. Ademais, os mellores cazadeiros perdiceiros quedaron sen ser pisados por descoñecemento dos concursantes. CLASIFICACIÓN 1º e Campión 2015, Julio González Souto, de Salceda de Caselas (Pontevedra), cun raposo e 500 puntos. Auxiliouse cun petit basset vendeano de nome “Farruco”. Este cazador representará a Galicia na seguinte fase nacional. Na Semifinal de España. 2º e subcampión, José Manuel Torres Parada, de Porto do Son (A Coruña), cunha torcaz e 150 puntos. Acompañouse da cadela “Jara” (setter inglés). 3º, Jorge Vázquez Iglesias, de Castro Caldelas (Ourense), con outra torcaz e tamén 150 puntos. Cazou coa cadela “Musa” (setter inglés) O resto de participantes non puntuaron. CLAUSURA Ao acto de clausura e entrega de premios asistiron diversas autoridades locais e provinciais como, ademais da plana maior da sociedade “Santa Bárbara” co seu presidente, Javier Sobrado Vázquez, o fronte; o Xefe do Servizo de Conservación da Natureza, Pablo Caballero Javierre e máis o Delegado de Deportes, Daniel Benavides. Tamén o facía representando o alcalde da Vila anfitrioa, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o que por motivos familiares non puido asistir; o Tenente de Alcalde, Manuel Eduardo Mariño, por certo, un amante da caza. Por parte federativa, a máis do Director da Proba, Manuel Feijoo Castro, a representación oficial ostentouna o Presidente de Pontevedra, Francisco Couselo Castiñeira, escusando a súa presenza por motivos dunha viaxe, ao Presidente Autonómico, Javier Nogueira Diz. Todos eles tomaron parte no xantar de clausura e fixeron uso da palabra na sobremesa, dirixíndose os asistentes e felicitando os gañadores en particular e a todos en xeral, pola gran deportividade amosada no transcurso do acontecemento deportivo. |