CETRARÍA
Xinzo de Limia acolle un novo Campionato Galego
4/11/2015

Participaron 36 paxaros e as puntuacións foron altas

Tendo de escenario terreos preto do Centro Ecuestre de Xinzo de Límia. Unha participación que ascendeu a 36 paxaros (17 harris, 15 azores e 4 falcóns) e baixo a organización da Sociedade Galega de Cetrería que a súa vez se encadra na disciplina da Federación Galega de Caza, os pasados días 31 de outubro e 1 de novembro disputouse exitosamente o Campionato Galego de Cetrería nas modalidades de “altanería e baixo voo,  azores e  harris”, que contou cunha climatoloxía axeitada para o seu desenrolo o que propiciou unhas boas marcas a dicir dos xuíces.

O sábado iniciábanse os voos logo das nove da mañá, con algo de vento e chuvia que remitirían pouco despois,  sendo contados os cetreiros que o final da xornada  superaban esta criba preliminar. Mentres o domingo, con igual horario de inicio, o exercicio concluía coas primeiras horas da tarde, para logo celebrarse  un xantar campestre e, o seu final, levarse a cabo a proclamación de campións e a entrega de trofeos. Amosándose satisfeita co acontecido a Presidenta da Asociación cetreira, Dolores Abella, aínda que tamén un tanto contrariada -o igual que o resto de participantes- polo cambio de escenario imposto polo CEPA, o considerar a zona deste ano “non apta para a celebración destas probas dada a maleza e as árbores existentes nas lindes”. Dous factores negativos que, desde logo,  non facilitaron para nada  o traballo e bo facer dos protagonistas: os paxaros. 

 

CLASIFICACIÓN

Harris

  • 1º / Francisco González

Altanería

  • 1º e 2º, Óscar López, cun falcón híbrido e un peregrino, 84 puntos e 67 puntos, respectivamente.
  • 3º,  Roxelio Domínguez, con 61,3 puntos.

Baixo Voo / Harris

  • 1º / Fran González 107 puntos
  • 2º / Brais Otero  96
  • 3º / Rubén Crespo  92,7

Baixo Voo  / Azores

  • 1º / Pedro Sanjuan (Tje.) Puntos 129
  • 2º/ Iván Álvarez Pedro Sanjuán  / 115, 7
  • 3º/ Pedro Sanjuán (354) / 113,7 

Campións Galegos en Azores

  • Víctor Lama. /108, 7 (6º na xeral)
  • Dolores Abella /96  (7ª na xeral)
  • Pablo Paz. con 50 puntos (9º na xeral)