FESTA CAZA RODEIRO |
A cuadrilla "Fontefría" de Lugo, con catro pezas, impúxose no Campionato de Raposo |
3/11/2015 |
Co Campionato “aberto” de raposo iniciábase a VI Festa da Caza de Rodeiro (Pontevedra) que volve a renacer logo dun paréntese de varios anos. Un evento que une deporte e gastronomía, que tivo unha alta notoriedade a nivel de Galicia e non só no que a parte venatoria se refire, senón tamén no que se refire a culinaria, pois varios restaurantes da vila puxeron esa fin de semana a disposición dos seus clientes diversos guisos nos que a carne de xabaril foi a protagonista nos fogóns e nas mesas. CAMPIONATO Pero comezando polo principio, a proba raposeira que é a que nos interesa neste caso, fixo que os habitantes da vila cambota espertasen moi de mañanciña entre o axetreo de coches e os ladridos dos cans. Quedando o centro neurálxico emprazado no Pavillón Municipal onde tivo lugar a concentración dos 140 participantes (14 equipos). Se serviu un café e pastas os cazadores. Se deron as últimas instrucións e se procedeu, logo de entregarlle a cada xefe de grupo bocadillos e augas para tódolos compoñentes da cuadrilla, e desde onde se deu a saída. Neste intre, o vento e a chuvia facía pensar o peor, sen embargo, ámbolos dous fenómenos atmosféricos calmaron o pouco de empezar, non influíndo para nada no desenrolo deportivo que concluía ás primeiras horas da tarde cos seguintes resultados: 27 raposos vistos. Oito capturas efectuadas. As pezas pilladas foron entregadas no refuxio que ten a Sociedade dentro do “tecor”, moi preto de Rodeiro. Entrega que estivo debidamente controlada polo veterinario e Director da competición, Nicolás Castro. Salientar tamén, que o exercicio desenvolveuse nun total de 7.000 Has., das 16.300 que conforman o Tecor de Rodeiro e que no acto de benvida e de clausura estiveron presentes, ademais do Presidente da Federación da Caza en Pontevedra, Francisco Couselo, o tesoureiro pontevedrés deste ente, Juan Mariño; os Concelleiros de Medio Ambiente e de Turismo de Rodeiro, Xosé Manuel Camba e Pablo Sobrado, respectivamente. O Presidente da Sociedade anfitrioa, Rubén Quinta e, como non podía ser doutro xeito, a máxima autoridade local, Luís López Diéguez. Un Alcalde que, a pesar de non ser cazador, involucrouse de cheo en todo o programa festeiro-deportivo, sendo moi aplaudido na súa oratoria. CLASIFICACIÓN
A orden clasificatoria dos últimos catro equipos decidiuse por sorteo o ter todos os mesmas pezas e puntos. XANTAR DE CONFRATERNIDADE A modo de broche final do torneo e tendo de anfitrión o Pavillón Municipal de Rodeiro, celebrouse un xantar de irmandade no que tomaron parte preto das 200 persoas e que serviu de terminación, de peche, a esta proba cinexética. Modalidade que cada vez conta con máis adeptos en Galicia. Da organización desta certame responsabilizouse a Sociedade locataria de caza, patrocinou o Concello de Rodeiro e colaborou de forma activa e eficaz, a Federación Galega de Caza de Pontevedra. Por certo, denantes de poñerse o punto e final a entrega de trofeos, as tres donas participantes:, Mª Antonia Ramos, que a vez é a Secretaria da Sociedade de Caza de Rodeiro; a lucense Estefanía López e, Lisi Barcia Pretel, foron obsequiadas con cadanseu ramos de flores. Detalle que non só lles gustou, senón que agradeceron. FESTA DA CAZA Xa na xornada do domingo, a Festa da Caza de Rodeiro encheuse de actividades con exhibicións de field target, agility e cetrería o que fixo que moitos curiosos se achegasen a coñecer estas modalidades cinexéticas. Destacar a presencia da nova Directora Xeral de Conservación da Natureza Ana María Díaz que estivo acompañada polas diferentes autoridades, entre as que se atopaba o presidente da Federación Galega de Caza en Pontevedra Francisco Couselo.
|