CAZA MENOR A CORUÑA |
José Manuel Romero gaña o provincial |
31-10-2015 |
Na xornada de onte 31 de outubro desputábase o Campionato Provincial de A Coruña de Caza Menor con Can tendo como esceario o Tecor de A Venatoria de As Pontes e baixo a organización da Federación Galega de Caza de A Coruña en colaboración con dita Sociedade de Cazadores. Foi a abundancia de caza a que fixo que este Campionato se convertese nunha gran xornada cinexética para tódolos cazadores participantes onde todos tiveron a sorte de ver caza e moitos deles entregaron capturas no control. Foi o cazador José Manuel Romero Castro o que se convertía no Campión Provincial ao acadar un total de 1.620 puntos. Con 1.530 puntos obtiña o subcampionato o cazador Oscar Suárez Ventosa e xa compretaba o pódium Javier López Cendan con tamén 1.530 puntos. A estes tres cazadores sumaráselles José Manuel Torres Parada, Manuel Taboada Vigo e Fabián Barge Vilela conformando a selección de A Coruña para o Campionato Galego da especialidade que se desputará o vindeiro 7 de novembro. |