INICIO CAZA MENOR |
A FGC deséxalle aos cazadores galegos unha tempada chea de lances, amizade e seguridade |
17-10-2015 |
Na xornada de maña domingo 18 de outubro terá lugar unha cita agardada polos máis de 50.000 cazadores galegos, comenza a tempada xeral de caza na nosa comunidade. A FGC deséxavos unha ventureira xornada inaugural na que milleiros de cazadores acudirán ao monte para desfrutar de lances tras os coellos, lebres, perdices, etc. Todo elo rodeado do fermoso paisaxe galego, da amizade da caza social e en compañía dos nosos fies cans. Facemos novamente un chamamento a precaución, sendo imprescindible tomar todas as medidas de seguridade oportunas e tendo o "sentido común" como a mellor arma. É tempo de recollida de cogumelos e castañas e por iso seremos moitos os que compartiremos o monte galego nestas primeiras xornadas. A bon seguro que a sorte será dispar para uns e para outros pero todos voltaremos as nosas casas co mellor trofeo… desfrutar da dun día de caza. |