Dirección Xeral
Os cazadores galegos expectantes ante os cambios que se están a producir na Consellería
10-09-2015

    

Díaz, ocupou o cargo de Delegada Provincial de Medio Ambiente en A Coruña entre 2003 e 2005

A pasada fin de semana, o Presidente da Xunta renovaba o goberno galego; esta reestruturación afectaba tamén  á estrutura da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que se divide en dúas, facéndose cargo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio,  da que depende a Caza en Galicia, Beatriz Mato Otero, que tomaba posesión o pasado luns. Mato aterriza en Medio Ambiente tras unha longa traxectoria na xestión pública, na que ocupou, entroutros,  os cargos de Delegada do IGAPE e da Consellería de Pesca , Deputada no Parlamento de Galicia, e Conselleira de Traballo e Benestar desde a chegada de Alberto Núñez Feijoo ao goberno da Xunta de Galicia.
 
O cambio de Conselleira tamén afecta á Dirección Xeral de Conservación da Natureza, vaise Verónica Tellado, que durante o seu mandato tivo que afrontar a difícil tarefa da nova Lei de Caza de Galicia, e substitúea no cargo a actual Directora Xeral de Formación e Emprego, Ana María Díaz López,unha vella coñecida dos cazadores, porque foi Delegada Provincial de Medio Ambiente entre 2003 e 2005.
 
Desde estas páxinas a Federación Galega de Caza quere agradecer o labor realizado pola ex-Conselleira, Ethel Vázquez, e pola ex-Directora, Verónica Tellado; e dárlle-la benvida ao novo equipo, do que a FGC agarda que atinen nas súas xestións polo ben da caza e dos cazadores galegos, ao tempo que desde este primeiro momento se pon á súa disposición para informarlles da situación actual da Caza en Galicia.