CAMPIONATO GALEGO |
Juan Carlos Casas revalida en Pazos de Borbén o título de Campión Galego de Cans de Rastro sobre Coello |
03-10-2015 |
Foi o pasado día 3 de outubro cando os mellores cans de rastro sobre coello de Galicia (nove equipos) dábanse cita no XXV Campionato Autonómico da especialidade que se levou a cabo no Concello de Pazos de Borbén e máis concretamente nas paraxes coñecidas por “Amasusán”, “As Canteiras” e “O Cabalo”. Todas ubicadas na parroquia de San Sadurniño de Amoedo, e nas que a presenza de coello deixábase notar nada máis pisar aqueles terreos. Por elo, os participantes que dispuxeron dunha hora para que os seus cans amosasen as súas habilidades venatorias nesta disciplina, estaban satisfeitos neste apartado, a pesar de que os rastros eran “fríos” ao haber lúa chea e os coellos encamar antes que noutras fases lunares. Unha Final que se encargou de organizar a Federación Galega de Caza, a que contou coa colaboración da Sociedade de Caza de “Pazos de Borbén”, a que cedeu os terrenos para o seu desenrolo, e que tivo de aliados a unha climatoloxía ideal e a unha deportividade exquisita. O programa comenzou moi de mañanciña xa que a concentración levouse a cabo ás 7,30 de la mañan no Restaurante “Casa Belisario”, en Amoedo. Pouco despois dábase por empezada a competición que concluiría a primeiras horas da tarde. De xuíces actuaron os titulados Moure, Jaime e Costas e de Director da Proba, Nicolás Castro Rodríguez. Clasificación: 1º e Campión por segundo ano consecutivo, Juan Carlos Casa Cambón, de Baldaio (Carballo), con 505 puntos. Deles, 145 aportoullos “Eros” que foi elexido como mellor can do torneo. O resto do lote conformábano os beagles “Era”, “Sanz”, “Luna”. 2º e subcampión, José Luís Martínez Calvo, cos beagles americanos, “Erful”, “Ecu”, “Eva”y “Ena”, e 457 puntos 3º, Victor Casqueiro Casqueiro, cos beagles, “Peca”, “Rex”, Cora”e “Sol” e 455 puntos. CLAUSURA E DISCURSOS O Xefe do Servizo Provincial de Caza e Pesca en Pontevedra, Pablo Caballero e o Alcalde da localidade anfitriona, Andrés Iglesias, compartiron mesa e mantel na Mesa Presidencial con diversos cargos federativos, encabezados polo Presidente da Federación Galega de Caza, Xavier Nogueira Diz. Tocante aos discursos e opinions, o campión, estaba encantado por haber revalidado o título e falou dun esceario “moi bo, con moito coello, unha boa organización e un ambiente fenomenal”. Pola sua banda, Pablo Caballero dixo que “a caza ten algo que non teñen outras federacións xa que a de caza ten a forza da unión que é o que lles fai fortes aos cazadores”. Mentres o Alcalde, logo de gastarlle cariñosas bromas aos seus conveciños, Nogueira Diz e Roberto Costas, felicitou aos gañadores e brindouse a seguir colaborando con estes eventos. Por último sería o mandamáis federativo autonómico, Javier Nogueira, o que se dirixía aos presentes dándolle un repaso a actualidade cinexética, falando dos seus problemas e do alto nivel competitivo que temos en Galicia a nivel nacional e internacional, en todas as modalidades. Tamén dixo que este Campionato “é o único que se celebra en toda España, pois en Aragón parece que deixaron de facerlo”, precisou.
|