RASTRO COELLO |
Alfonso Rey Baulde, con Dono, Arto, Alco e "Buda gañou o provincial de cans de rastro (coello) de Pontevedra. |
26-09-2015 |
Organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra. Cunha climatoloxía veraniega. Tendo de esceario o Tecor da Sociedade “Verde Seixo” de Pontecaldelas e unha participación que ascendeu a un total de 15 concursante (60 cans), o pasado día 26 de setembro disputouse o “XXII Campionato Provincial de Cans de Rastro (modalidade Coello), clasificatorio para o Galego da especialidade. A concentración levouse a cabo ás 7,30 da mañán no Centro Cultural “Alborada” de Caritel, comenzando o exercicio media hora despois e rematando sobre das duas da tarde. De xuíces actuaron os colexiados Emilio Bolaño. Xosé Moure. Oscar Caamaño e Ramón Collazo. E de auxiliares: Xosé Manuel Pallas. Xosé Prieto. Francisco Vigueira e Xosé Carlo Arosa. Mentres, como Director da proba, facíao Nicolás Castro. Clasificación: 1º E Campión, Alfonso Rey Baulde, quen se acompañou dos pettit basset grifón vendeanos, “Alco”, que sería elexido o mellor can do Campionato con 150 puntos; “Arto”, “Dono” e “Buda”. Acadou 545 puntos. 2º e subcampión, Victor Casquero, con “Peca”, “Rex”, Cora”e “Sol”. Fixo 487 puntos. 3º, Sergio Martínez, con “Chiri”, Mini”, Paloma” e Marquesa”. Logrou 436 puntos. 4º, Julio González, con “Blas”, “Farruco”, “Noa” e “Messi”. Sumou 371 puntos. Os tres primeiros representarán a esta provincia na seguinte fase, o Campionato Autonómico desta disciplina, e o cuarto queda de reserva. No apartado de comentarios cabe destacar a cativeira presenza de coello nos campos elexidos e a dificultade dos mesmos. Sen embargo, a comprensión dos cazadores, o fenomenal ambiente vivido e a excelente deportividad, compensaron con creces esa deficiencia coelleira. CLAUSURA Una xantar de confraternidade celebrado no Centro Cultural “Alborada” de Caritel, puxo o broche final a este acontecemento venatorio. Manduca á que asistiu a Alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, o que se ofreceu a caloborar no futuro coa celebración destes eventos; a sua compañeira, Isabel Pregal e tamén o Concelleiro de Deportes, cazador él e integrante da cuadrilla de caza maior de Cotobade, Xosé Manuel Martínez, así como o presidente da Sociedade de Caza Xosé Ramón Blanco e o presidente da Federación provincial Francisco Couselo. Aos postres entregaronse os trofeos e diplomas acreditativos os gañadores. |