PERCORRIDOS DE CAZA |
Antonio Iglesias e Ramón Noya foron os mellores no Carballiño |
13/09/15 |
Tendo de esceario o campo de tiro federativo “Pol da Piteira” (Arcos), os pasados días 12 e 13 de setembro celebrouse o I Campioanto de “Percorridos de Caza” en terras do Orcellón organizado pola Federación Galega de Caza de Ourense. Evento que se disputou en tres canchas a 25 partos, que formaba parte do programa das Festas Patronais do San Cibrao (Carballiño) e no que tomaron parte preto das 40 escopetas chegadas ata alí desde diversos puntos de Galicia.
Tocante os máis destacados, os mellares tiradores foron os coruñeses Antonio Iglesias e Ramón Noya. Ámbolos dous con 24 pratos rachados, compartindo deste xeito a primeira posición, xa que pola ausencia deste último non se pudo celebrar o obrigado desempate para decidir o gañador.
Na segunda posición clasificouse Isaac Penedo, con 23 pratos.
En handisport o mellor sería Juan José Iglesias e en “damas”, María de las Mercedes Saavedra (Santiago) impuxose na súa categoría.
Cometar tamén, que o ambiente foi do mellorciño que temos visto e vivido nestas probas, mentres o nivel da tirada, a pesar de que a chuvia desluciu por momentos o seu desenrolo, foi moi alto a decir do Director da tirada, José Manuel Rogel, Delegado Provincial desta especialidade deportiva.
|