ELECCIÓNS
O TAD suspende cautelarmente as eleccións da RFEC
7/9/2015

En resolución ditada o pasado 4 de setembro, o Tribunal Administrativo del Deporte (TAD) ven de suspender cautelarmente o proceso electoral da Real Federación Española de Caza (RFEC), conforme ao solicitado no recurso interposto polas federacións do grupo F8, polo que se impugna novamente a convocatoria feita pola RFEC o 31 de xullo pasado.

Na súa resolución, o TAD manifesta unha vez que o censo que se debe utilizar é o correspondente á convocatoria do proceso que se levou a cabo no ano 2012.

O TAD reitera que a RFEC convocou novamente o proceso electoral incumprindo as resolucións do propio órgano e a sentencia da Audiencia Nacional.