SAN HUBERTO |
En Betanzos o gañador foi René Vale |
26/8/2015 |
Proba Puntuable para a Copa Galicia de Caza San Huberto O pasado 15 de agosto disputouse no Tecor da Sociedade de Caza Oza dos Ríos unha proba puntuable para a Copa Galicia de Caza San Huberto organizada por dita Sociedade de Caza e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña. Foi unha boa xornada para a celebración desta competición cinexética e cunha alta participación, desenrolándose todo o campionato sen imprevisto. O cazador René Vale co seu setter inglés macho de nome “Suayper de Piago” o que acadou o primeiro posto cun total de 78 puntos. Con 59 puntos, o segundo caixón da clasificación final acadouno Edelmiro Leira co setter inglés macho de nome “Verdi de Cumbraos”. Juan José Canosa coa pointer “Zeta da Chousa” acadou a medalla de bronce con 53 puntos. |