PERCORRIDOS DE CAZA
Moreno Carrasco, claro gañador do Memorial Cea Seoane
11/8/2015

Memorial José y Manuel Cea Seoane en Río Sar

O pasado sábado 8 de agosto, as instalacións de Río Sar celebraban o seu xa tradicional Memorial José e Manuel Cea Seoane de Percorridos de Caza. Unha proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade e que se desputou sobre 100 pratos.

A proba foi transcorrendo sen imprevistos e a climatoloxía fixo que os preto de 70 tiradores que se deron cita nesta edición do Memorial gozaran do tiro de competición. Destacar a presenza de escopetas de altísimo nivel nacional e internacional, grandes campións e campioas entre as que se atopaba Beatriz Laparra.

Foi o tirador valenciano Julián Moreno Carrasco o que se impoñía na clasificación xeral ao rematar a tirada con nada menos que 92 pratos derrubados. Xa con 83 pratos remataban os galegos José Antonio Vasconcellos Vicente e José Luis Sánchez Mancebo en segunda e terceira posición, respectivamente.

En Damas, como era de agardar, a archicampiona Beatriz Laparra resultaba gañadora con 83 pratos escachados.

En Veteranos a vitoria era para Juan Antonio Sánchez Mancebo con 79 pratos, seguido de José Rodríguez Cameselle e José González Yáñez con 74 e 71 pratos respectivamente.

En Superveteranos o campión era Nicolas Rivas García con 71 pratos namentres que Artemio Formoso Barro, con 76 pratos, adxudicábase a categoría Handisport.