SAN HUBERTO |
Edelmiro Leira gañador en Riveira |
11/8/2015 |
VII Campionato de Caza San Huberto “Cidade de Riveira” O pasado 9 de agosto, nada menos que 37 participantes se daban cita en Riveira para participar na sétima edición do Campionato Cidade de Riveira de Caza San Huberto, puntuable para a Copa Galicia da especialidade. Nun escenario favorable e sendo xulgados por José Moure, Rubén Boquete e Ramón Noya transcorreu este campionato no que o cazador Edelmiro Leira co setter inglés macho de nome “Verdi” se facía co primeiro posto cun total de 74 puntos. Con 71 e en segunda posición remataba René Vale co tamén setter inglés “Suayper”. O cazador Juan José Canosa completaba os tres primeiros postos coa medalla de bronce acadada coa súa pointer femia “Zeta” e 69 puntos. |