AGILITY |
Jorge Vázquez e Veracruz Abelenda en individual e Agility Compostela e Tercans por equipos, Campións Galegos de Agility |
28/7/2015 |
A fin de semana do 25 e 26 de xullo, organizadas por Euskogal, Grupo de Trabajo Canino, tiveron lugar a 9º e 10º probas da Liga Autonómica de Agility. As probas celebráronse nas instalacións de Aquapark, en Cerceda. Coincidindo coa proba celebrouse tamén o I Campionato Galego de Agility. Os resultados foron os seguintes: I Campionato Galego de Agility: Campión individual en categoría estándar: Jorge Vázquez con “Modia” do Club Agility Compostela. O segundo clasificado desta categoría foi Carlos Souto con “Indi” de Teocan e o terceiro Manuel Santomé con “Gon” de Tercans. Campiona individual en categoría midi-mini: Veracruz Abelenda con “Blass” do Club Teocan A segunda clasificada desta categoría foi Rocío Hermelo con “Tris” e o terceiro José Angel con “Lume” ambos de Tercans. Campión por equipos en categoría estándar: equipo de Agility Compostela formado por Jorge Vázquez con “Modia”, Silvia López con “Cata” e Fernando Estevez con “Pepa”. O segundo clasificado foi o equipo de Teocan formado por Félix Fernández con “Honta”, Serafín López con “Lúa” e Carlos Souto con “Indi”. O terceiro clasificado foi o equipo constituído por Agility Compostela e Patas do que formaban parte Julio Freire con “Chika”, Violeta Pereira con “Po” e Alba Alonso con “Moira”. Campión por equipos en categoría midi-mini: equipo de Tercans formado por José Angel con “Lume”, Rocío Hermelo con “Tris” e Iago Sánchez con “Dagga”. O segundo clasificado foi o equipo constiuído por Agility Compostela e Patas formado por Julio Freire con “Peka”, Violeta Pereira con “Romi” e Rosa Méndez con “Simba”. En terceiro lugar quedou o equipo de Agility Compostela formado por Brais Blanco con “Pelusa”, Jorge Vázquez con “Núa” e Alba Alonso con “Misha”.
Probas da Liga Autonómica de Agility Sábado En grao 2, categoría estándar o gañador foi Jorge Vázquez con “Modia” e en segundo lugar quedou Silvia López con “Cata”, ambos de Agility Compostela. En terceiro lugar quedou Carlos Souto con “Indi” de Teocan. En grao 2, categoría midi-mini gañou Julio Freire con “Peka” de Agility Patas, en segundo lugar quedou Iago Sánchez con “Dagga” de Tercans e en terceiro lugar, Carlos Souto con “Hachi”, de Teocan. Domingo En grao 2, na categoría estándar o gañador foi José Carlos Iglesias con “Urko” de Agility Wecan, en segundo lugar quedou Jorge Vázquez con “Modia”, de Agility Compostela e en terceiro lugar Francisco Sousa con “Rus”, de Tercans. En grao 2, categoría midi-mini gañou Carlos Souto con Hachi, de Teocan; en segundo lugar quedou Violeta Pereira con “Romi” de Agility Patas, e en terceiro lugar Rocío Hermelo con “Tris” de Tercans. Xulgou a proba D. Bruno Otero. Resultados completos Campionato Galego Clasificacións finais |