SAN HUBERTO |
Álvaro Otero gaña o Provincial de Pontevedra |
13/7/2015 |
O pasado día 11 de xullo, tendo de escenario o lugar de “Vilachán do Monte” en Tomiño, cunha climatoloxía axeitada e un ambiente fenomenal, disputouse o XXI Campionato Provincial de Pontevedra de “San Huberto” baixo a organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra, a dirección técnica de Rafael Sánchez Malvar, e a arbitraxe do titular Santiago Saavedra Cuíña. Actuado de “sementadores de perdices” os nativos Ismael Besada e Xaime Fernández. Á cita, clasificatoria para fase autonómica da especialidade, acudiron un total de 9 cans (1 springer) e nos primeiros postos rematou deste xeito: 1º e campión, Alvaro Otero (Sociedade “A Laxe”), con “”Gio de Serra Suave” (SIM). 78 puntos. Estes cinco cazadores representarán a Pontevedra no Galego da modalidade. En Spingers, Saturnino Pereira, ao non contar con contrincantes, foi o vencedor na súa categoría con “Andrómena” (SSF) e 15 puntos. Ao remate da competición (14 h.) celebrouse o tradicional xantar de clausura no restaurante “Florentiña” (Pinzás/Tomiño) que estivo presidido polos Presidentes da Federación en Pontevedra, Francisco Couselo, e da Sociedade anfitrioa, Horacio Blanco Pérez, tres veces finalista de España de “caza de arceas” e outras tantas de “caza menor”, entre unha morea de participacións e de vitorias provinciais e autonómicas. |