FIRMA E APOIO | |
Chamamento urxente a tódolos cazadores para que defendan a caza ante a comisión europea | |
8/7/2015 | |
A Oficina Nacional da Caza, entidade da que forma parte a Federación Galega de Caza, puxo en marcha unha campaña sen precedentes en Internet co obxectivo de que os cazadores se unan en masa a ela e mostren ao organismo europeo o seu descontento con determinadas políticas en materia de Medio. Para apoiala só é necesario entrar en www.sialacaza.com e deixar os seus datos. A Comisión Europea está a formular nestes momentos facer reformas sobre as directivas de HÁBITAT e AVES, e para iso abriu unha enquisa a través de Internet coa que pretende avaliar a repercusión que esta tivo entre os cidadáns europeos. Por este motivo, a Oficina Nacional da Caza acaba de poñer en marcha unha campaña para promover unha resposta masiva entre os cazadores españois dende a páxina www.sialacaza.com. "Cunha simple firma que lles levará poucos segundos os cazadores poderán defender o futuro da caza no noso país e dicir a Europa: abonda xa! ", asegurou Juan Antonio Sarasketa, presidente da ONC. "Temos unha oportunidade de ouro para facer unha lexislación que de verdade sirva aos cidadáns, leis que permitan seguir protexendo a natureza pero dende un punto de vista verdadeiramente sociocultural, achegando a normativa aos cidadáns e facéndoos partícipes dela en lugar de establecer imposicións que, especialmente durante os últimos anos, só serviron para abrir un abismo entre os usuarios reais da natureza e as institucións europeas", asegurou Sarasketa. Ademais engadiu: "Dende a ONC cremos que caza e protección da natureza deben ser compatibles". A Directiva de AVES data do ano 1979 e a de HÁBITAT foi aprobada en 1992-. "Cumpriron moi ben a súa función durante moitos anos e permitiron grandes avances na conservación de moitas especies como o lince, algo que por suposto celebramos, pero na actualidade están obsoletas e desconectadas da realidade social dos nosos campos. Por desgracia foron empregadas por algúns grupos ecoloxistas trasnoitados como unha ferramenta de ataque incesante á caza, o que degradou a percepción que moitos cidadáns teñen delas," denunciou Sarasketa. Habitantes de toda España viron como o parany, o silvestrismo, a media veda, a perdiz con reclamo, e moitas outras modalidades de caza tradicionais se viron atacadas, limitadas e eliminadas pola interpretación que determinados grupos ecoloxistas fixeron delas e iso é algo que non podemos seguir soportando. É hora de adaptalas ao século XXI e convertelas en algo efectivo e valorado positivamente por todos os colectivos que interveñen na natureza, algo que por desgraza agora non sucede", manifestou o presidente da ONC. Así mesmo, o desenvolvemento da Red Natura 2000 só foi un engano co que se intentou protexer o medio a custa do diñeiro de agricultores, gandeiros, cazadores ou propietarios da terra. A RedeNatura 2000, non só non premia o seu bo modelo de xestión, senón que só lles ofrece limitacións sen compensación nin axuda ningunha por parte da Unión Europea. Ademais, é unha figura de protección descoñecida pola maior parte da poboación a pesar das enormes cantidades de diñeiro entregadas aos grupos ecoloxistas para dalas a coñecer: só saben dela aqueles que padecen as súas limitacións. En definitiva, unhas directivas totalmente alleas á cidadanía e que só satisfixeron a grupos ecoloxistas -orquestradores de grandes e ameazantes campañas mediáticas- que encontraron nela substanciais fontes de ingresos, de dubidosa repercusión para a natureza, que aproveitaron para intentar a extinción da caza e os cazadores. "O dereito a cazar está gravemente ameazado nestes momentos. Se non queremos que esta actividade desapareza e que a Comisión Europea escoite os seus cidadáns en lugar da grupos subvencionados e totalmente interesados é importante que os cazadores e todos os seus coñecidos (sexan cazadores ou non) enchan e compartan este cuestionario. O futuro da caza está en xogo! ", alertou Sarasketa.
| |