CONDENA |
A FGC lamenta que o triste asasinato de Arbo sexa relacionado coa caza |
6/7/2015 |
Ante as informacións aparecidas en dous diarios de máxima difusión na nosa comunidade, como La Voz de Galicia e Faro de Vigo, sobre o triste asasinato que tivo lugar na localidade pontevedresa de Arbo, a Federación Galega de Caza lamenta a utilización unha foto do detido como sospeitoso posando cunha captura de caza e unha escopeta, relacionando en certo modo esta actividade cunha posible actitude violenta. A FGC condena este crime, e trasládalle a familia e amigos dos falecidos as súas máis sinceras mostras de dor e apoio, mais lamenta que unha vez máis a prensa trate de relacionar a afección pola caza coa violencia. A caza é unha afección practicada por case 50.000 galegos, que non clasifica en modo algún a personalidade dos seus afeccionados, aos que non se lles pode relacionar sistematicamente con este tipo de actos deplorables, ao igual que non se relaciona a outros afeccionados ao fútbol, ao baloncesto, ao ciclismo ou a calquera outro deporte. A FGC reclama a eliminación destas imaxes e prégalles aos medios de comunicación unha maior sensibilidade ao tratar de retratar aos presuntos autores deste tipo de crimes, e non relacionalos con lixeireza con un colectivo que nada ten que ver con eles. |