RASTRO DE XABARIL
O monteiro Francisco Rodeiro revalida o título autonómico
6/7/2015

XX Campionato Galego de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril

Na xornada do pasado sábado 4 de xullo os amantes dos cans de rastro sobre xabaril tiñan unha cita no concello lucense de Meira onde se disputaría a edición número XX do Campionato Galego de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril.
Os máis de 30 monteiros clasificados nos seus campionatos provincias, Copa Galicia e o campión da edición anterior, achegábanse a Meira para desfrutar dun campionato organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Meira.

A boa climatoloxía xunto con campos moi homoxéneos onde tiveron lugar a fase clasificatoria e final fixeron o goce dos participantes e do numeroso público que seguiu a proba dende primeira hora da maña.

Foi o monteiro de A Coruña Francisco Rodeiro Eiras co seu can “Cho” o que chegaba a Meira como actual campión de España da modalidade e defendendo o título de campión autonómico, e non defraudou na súa participación quedando primeiro no seu campo na fase clasificatoria e primeiro na fase final con un total de 247,25 puntos revalidando así o título de Campión Galego de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril. O xoven monteiro coruñés Manuel Rodeiro Louzao, subcampión de España e medalla de bronce no autonómico do 2014, acadaba o subcampionato e medalla de prata co seu can “Rato” con un total 238,75 puntos. O monteiro pontevedrés Salvador Sestelo Núñez co can “Vikingo” facía unha moi boa participación e acada o terceiro posto na clasificación final con 226,5 puntos.

A estes tres primeiros clasificados súmanselles os monteiros Álvaro Fontela, Francisco Romero, José Manuel Barreiro e Juan Vecino completando así a Selección Galega que representará a nosa comunidade no vindeiro nacional da especialidade.

Organización, autoridades, xuíces, participantes e público gozaron dun extraordinario xantar que tivo a súa guinda na entrega de premios os primeiros clasificados.