CANS PARADA PONTEVEDRA |
"Fabri" de Roberto Dopico en británicos e "Aris" de José Vicente Cortés en Continentais foron os mellores en Gondomar |
29/6/2015 |
Cunha climatoloxía acorde coa estación na que nos atopamos, unha participación de 20 cazadores e 36 cans, e baixo a organización da Federación de Galega de Caza en Pontevedra que contou coa colaboración da Sociedade de Caza “A Gondomarense” de Gondomar, o derradeiro domingo do pasado mes de xuño disputouse a Copa Federación de Cans de Parada en terreos deste municipio Pontevedrés. Concretamente transcorreu na paraxe coñecida por “Portavedra”. O exercicio comezou pasadas as 10 de mañá e rematou logo das tres da tarde, cando xa os estómagos tiñan un ruxe-ruxe preocupante. Unha competición moi vistosa que se viu arroupada polo mandatario municipal, Juan Francisco Ferreira, cazador el, que se achegou ata o lugar da proba acompañado da súa dona e fillo e maila Concelleira de Cultura e Deportes, Nuria Lameiro, co obxecto de saudar aos representantes federativos, organizadores e participantes en xeral, fotografándose incluso ao final con todos eles. Xesto que agradeceu o Presidente da Federación Galega de Caza en Pontevedra, Paco Couselo, “Non podía vir o xantar e achegouse ata aquí para ver a competición e estar connosco un chisco. Foi todo un detalle”, comentou. CLASIFICACIÓN Continentais: Británicos: Unha vez finalizou o exercicio, participantes e acompañantes trasladáronse a un restaurante da zona onde se levou a cabo o acostumado xantar de confraternidade, a entrega de trofeos e a clausura do torneo, reinando a deportividade e bo facer, tanto dos organizadores como dos concursante, en todo momento. |