RASTRO XABARIL OURENSE |
Jesús Ares con "Olé", campión provincial e Francisco Rodeiro con "Cho", gañador da proba |
23/6/2015 |
Tendo de escenario terreos do Municipio de Baltar e de organización á Federación Galega de Caza de Ourense, a que contou coa colaboración da Sociedade Venatoria Locataria, o pasado día 21 de xuño disputouse o Campionato Provincial de Rastro de Xabaril. Cita deportiva á que acudiron un total de 10 competidores e 18 cans, actuando de xuíces os titulares Alejandro González e Xosé Montoiro. O exercicio, que comezou máis tarde do previsto (sobre das 10 h.) e rematou más axiña do que se agardaba (13,30 h.), desenvolveuse no campo denominado a “Labrada Vella”. A final foi levada a cabo no termo da “Viduesa”, onde se acadaran as mellores marcas da proba. Clasificación A clasificación nos primeiros postos quedou deste xeito: 1º e campión da proba, “Cho”, de Francisco Rodeiro Eiras, con 219,5 puntos. O Campionato foi seguido por bastantes afeccionados e curiosos e concluído o exercicio e xa coñecidos os resultados, levouse a cabo un xantar de confraternidade que resultou tan ameno como agradable dada a camaradería, unión e deportividade amosada, ao igual que durante toda a xornada, polos participantes. Foi ao remate da comida cando se procedeu á entrega de trofeos e á clausura do evento, correndo tódolos actos oficiais a cargo do federativo Manuel Feijóo e do Presidente da sociedade local, Manuel Díaz Sueiro. Quen non puido estar foi o federativo José Castro Rivela, quen momentos antes recibiu a mala nova do falecemento da súa nai e a quen queremos acompañar no sentimento e darlle ánimos dende esta páxina. |