AGILITY |
Disputadas as 5ª e 6ª proba da Liga Autonómica de Agility en Cartelle |
8/6/2015 |
A fin de semana do 23 e 24 de maio tivo lugar en Cartelle (Ourense) a 5ª e 6ª proba da Liga Autonómica de Agility da Federación Galega de Caza. A proba organizouna o club de Agility Ourense e nela participaron 27 cans o sábado e 30 o domingo, cos seguintes resultados: Sábado: En grao 1, categoría estándar quedou en primeiro lugar Silvia López con Apu, de Agility Compostela, en segundo lugar Yago Ricoy con Avar, de Lobos de Narahío, e en terceiro Diego Gómez con Tea, de Agility Compostela. En categoría midi-mini o gañador foi Jorge Vazquez con Nua, de Agility Compostela, a segunda foi Carla Buela con Chicho, de Teocan, e a terceirao Veracruz Abelenda con Blas, de Teocan. En grao 2, categoría estándar o gañador foi Julio Freire con Chika de Agility Patas, a segunda foi Silvia López con Cata, de Agility Compostela e o terceiro Serafín López con Lua, do club Teocan. En categoría midi-mini gañou Antonio Pereiro con Coco, do club Teocan, en segundo lugar quedou Julio Freire con Peka, de Agility Patas e en terceiro lugar Violeta Pereira, con Romi de Agility Patas. Domingo: En grao 1, categoría estándar quedou en primeiro lugar Noa Taboas con Sonic, do Club Wican e en segundo lugar Juan Carlos Vázquez con Ringo de Agility Coruña. En terceiro lugar quedou Ina Wunschmann con Foxy do club Lobos de Naraío. En categoría midi-mini a gañadora foi Veracruz Abelenda con Blas, de Teocan, a segunda foi Silvia Nuñez con Nano e o terceiro Brais Blanco con Pelusa, ambos de Agility Compostela. |