XIX FESTA DA CAZA DE LUGO
Portomarín volveu a ser o centro cinexético lucense
1/6/2015

A XIX edición xuntou a máis de 300 cazadores

Martín Martínez en Rastro de Xabaril, René Vale en San Huberto, José González en Percorridos, Manuel Villar en Compak, e Iván López e Vicente Cortes en Caza Práctica; foron os Campións Provinciais desta décimo novena edición da Festa da Caza de Lugo organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo.

A Festa, cargada de eventos cinexéticos, comezaba na xornada do sábado 30 de maio coa celebración da competición de Compak Sporting para rematar o domingo 31 coa desputa das disciplinas de Rastro de Xabaril, Cans de Parada, Percorridos de Caza e San Huberto; todo elo nos montes do Cristo e do Castelo situados no concello lucense de Portomarín.

No Campionato Provincial de Compak Sporting celebrado no campo de tiro eventual da Sociedade de Cazadores de San Nicolás, disputado a 50 pratos os preto de 20 tiradores participantes tentaron facer o maior número de pratos escachados. Foi o tirador lucense, Manuel Villar Arroyo, o que con 48 pratos derribados acadou o primeiro posto da Clasificación Xeral e se convertía no Campión Provincial. O segundo posto era para o tirador de Pontevedra, Daniel Domínguez con 45 pratos. Artemio Formoso remataba na terceira posición desta dezanove edición con 44 pratos. En Handisport o primeiro posto era para Artemio Formoso. En Superveteranos impoñíase o tirador Luis Jorge González. José González Yáñez en Veteranos completaba o grupo de campións desta modalidade. A Selección Provincial quedaba composta por: Manuel Villar, Artemio Formoso, Mario González, José González, Juan Carlos Bande, Miguel López e Luis Pérez

O XXIV Trofeo Cidade de Lugo de Caza Práctica desenrolouse no Monte Castelo da parroquia de Vilaxuste en Portomarín, participando 27 cans en Razas Británicas e 3 en Continentais. En Británicos foi “Inferno” propiedade de Iván López López o que acadaba o primeiro posto con unha cualificación de 1ºEXC. Carlos Lalín con “Agra” remataba en segunda posición con un 2ºEXC. Tamén con unha cualificación de 3º EXC situábase en terceira posición pointer femia “Easy” de Roberto Dopico. En Continentales a supremacía era para Vicente Cortes ao acadar o primeiro posto co braco “Aris de Poldarriba” 1ºMB.

O Campionato Provincial de Percorridos de Caza celebrouse tamén no campo de tiro eventual da Sociedade de Cazadores de San Nicolás, disputado a un total de 100 pratos con moi diversos postos de tiro e traxectorias. Foi o tirador coruñés, Ángel Mosquera Cornide o que con 94 pratos se facía co primeiro posto da Clasificación Xeral. O segundo posto era para o tirador de A Coruña, Juan Manuel Carou Rey e a medalla de bronce recaía no tirador Antonio Iglesias Otero, ámbolos dous con 91 pratos. O Campión Provincial resultaba ser o tirador José González Yáñez con 85 pratos. En Handisport o primeiro posto era para Artemio Formoso. En Superveteranos impoñíase o tirador Ángel Mosquera Rodríguez. José González Yáñez en Veteranos,  Alejandro Fernández Seco en Xuvenís e Belina García en Damas completaba o grupo de campións desta modalidade.

Na modalidade de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril, disputábase unha edición máis do Campionato Provincial puntuable para a Copa Galicia e a que acudían mais de 30 cans. Na fase final impoñíase o monteiro coruñés José Manuel Barreiro con “Brisa” con 217 puntos. Na segunda posición, e tamén de A Coruña, atopábamos o monteiro Antonio Sánchez Sexto co seu can “Ali” e 204,5 puntos. E na terceira posición e campión provincial da modalidade situábase Martín Martínez con “Padilla” e 164,5 puntos. A selección provincial que representará a Lugo no vindeiro campionato galego estará formada por: Martín Martínez, Borja Sixto, Manuel Val, Luis Otero,  Manuel Fernández Vecino, Alejandro Río, Juan Fernández Vecino, Santiago Varela e Alejandro Otero.

Na XIX edición do Campionato Provincial de Caza San Huberto foi o cazador René Vale García o que o título de Campión Provincial co setter inglés macho “Suaiter de Piago”, o campión da proba foi Edelmiro Leira con “Verdi de Cumbraos”. O subcampionato era para Eduardo Blanco Mejuto con “Comba”. José María Carnota Ríos era o terceiro clasificado co seu setter inglés macho “Halcón”. A estes tres cazadores súmaselles José Ignacio Pérez e Unai Arteche Arbiol conformando a selección lucense que representará a Lugo no vindeiro campionato autonómico da especialidade.

Unha vez rematadas tódalas competicións, participantes, organización, público e autoridades gozaron dun xantar de irmandade na que se deron cita preto de 300 comensais.