RRCC PONTEVEDRA
Martín Baqueiro sube ao máis alto do podio
17/5/2015

Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza

Ata un total de 54 tiradores chegaban a esta fase provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza, proba en aberto pero clasificatoria para o Campionato Autonómico da especialidade que se disputará no vindeiro mes de xuño en Río Sar.

A Federación Galega de Caza de Pontevedra organizaba este campionato provincial no Campo de Tiro Fronteiriñas grazas á colaboración do Club de Tiro Fronteiriñas e que se disputaba a un total de 100 pratos.

Alto nivel de tiro e alta inscrición foron notas destacadas neste campionato no que se impuxo o tirador Martín Baqueiro Villafines cun total de 93 pratos escachados. O afamado tirador coruñés Antonio Iglesias Otero accedía ao segundo posto do caixón con 92 pratos. E a 1 prato de Iglesias o terceiro posto era para Roberto Rodríguez  Fernández.

En veteranos o gañador era José Carlos Pazó o rematar o seu percorrido cun total de 90 pratos, seguido de José Rodríguez Cameselle e Jaime Vilas Pereira en segunda e terceira posición con 85 pratos.

En superveteranos o gañador da proba era José María González Rodríguez, de Lugo, con 78 pratos. O Campión Provincial era José Iglesias Costas con 60 pratos. O subcampionato recaía en Ángel Vidal Conde con 58 pratos e coa medalla de bronce remataba Miguel Blanco Álvarez.

A selección provincial quedaba composta polos seguintes tiradores: Martín Baqueiro, Roberto Rodríguez, Daniel Domínguez, José Antonio Vasconcellos, Héctor Muíños, José María Dasilva, Antonio Suárez, Cristino Mera, Esteban González, José Ángel Correa, Alberto Abad, José Alvo, José Carlos Álvarez, José Rodríguez, Jaime Vilas, Juan Garrido e José Costas.